mércores, 9 de outubro de 2019

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE COMEZO DO CURSO 2019-2020

Estimadas/os  nais e pais, convocámosvos á asemblea xeral ordinaria da ANPA. 
Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións nas asembleas,
expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso, as persoas non asociadas 
asistirán a asemblea con voz pero sen voto.


Data: Xoves 10 de outubro de 2019.
Hora: 20:15 h en primeira convocatoria ou 20:30 h en segunda convocatoria
(de non haber suficientes asistentes na primeira).
Lugar: Salón de actos do IES Johán Carballeira.


ORDE DO DÍA:
1.- Aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior, celebrada o 13 de xuño (dispoñible para a súa consulta na ligazón de embaixo).
2.- Renovación da xunta directiva da Anpa e elección do seu representante no Consello Escolar do centro
3.- Informe do Banco de libros do presente curso.
4.- Actividades e inversións para un curso 2019-20.
5.- Outros asuntos.
Bueu, 27 de setembro de 2019
A Xunta Directiva da ANPA

sábado, 8 de xuño de 2019

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE FINAL DO CURSO 2018-2019

Estimadas/os  nais e pais, convocámosvos á asemblea xeral ordinaria da ANPA.
Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións
nas asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso,
as persoas non asociadas asistirán a asemblea con voz pero sen voto.

Data: Xoves 13 de xuño de 2019.
Hora: 20:15 h en primeira convocatoria ou 20:30 h en segunda convocatoria
(de non haber suficientes asistentes na primeira).
Lugar: Salón de actos do IES Johán Carballeira.


ORDE DO DÍA:

  1. Aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior, celebrada o 11/10/2018 (dispoñible para a súa consulta no blog da Anpa).
  2. Presentación do balance económico e aprobación das contas do curso 2018-19.
  3. Informe anual de xestións e actividades.
  4. Renovación da xunta directiva da Anpa.
  5. Outros asuntos.


Bueu, 3 de xuño de 2019
A Xunta Directiva da ANPA

luns, 17 de decembro de 2018

ANDAINA SOLIDARIA DE NADAL IES JOHAN CARBALLEIRA

Este ano, a tradicional carreira de Nadal Save the children do instituto convértese en andaina e dedica a súa solidariedade a asociación Bicos de papel, un colectivo local de axuda a rapaces e rapazas que padecen cancro. Aquí tendes información sobre o evento:
Durante toda a semana os vosos fillos e fillas poden inscribirse na andaina achegando un donativo mínimo de 2 €. Así mesmo, nos recreos, alumnado voluntario porá a venda produtos da asociación para recadar máis fondos.
Consideramos que era importante que os nenos e nenas entenderan de primeira man cal é o sentido deste evento para o que se lles pide colaboración, polo que a asociación visitará o centro para explicarlles o traballo que fan e como se vai materializar a súa solidariedade.
Por outra banda, pensamos que non tiña moito sentido pedir donativos aos alumnos/as e despois entregarlle un vale para o bocata, así que nesta ocasión a Anpa ingresaralle eses cartos directamente a Bicos de papel.
Ao tratarse dunha asociación da provincia, a entrega dos donativos realizarase en persoa e polos propios alumnos/as, o mesmo día da andaina, nun acto previsto para as 11 da mañá.
A andaina desenvolverase o vindeiro venres 21 de decembro, a partir das 10 da mañá, e transcorrerá polos arredores do instituto. Aqueles pais e nais que poidan achegarse para axudar a vixiar o percorrido, por favor avisádenos enviando unha mensaxe ao móbil da Anpa. Hai que estar no centro un cuarto de hora antes, ás 9:45.
Convidámosvos a visitar a web da asociación: https://bicosdepapel.org/

ANPA DO IES JOHAN CARBALLEIRA

luns, 8 de outubro de 2018

ASEMBLEA DE COMEZO DO CURSO 2018-19

Achégamovos a convocatoria da asemblea da Anpa prevista para o vindeiro xoves 11 de outubro. Así mesmo, podedes consultar nos enlaces de embaixo a acta da última asemblea, cuxa aprobación figura como primeiro punto da orde do día da que se vai celebrar.

CONVOCATORIA ASEMBLEA 11-10-18

ACTA ASEMBLEA 14-6-18

luns, 11 de xuño de 2018

ASEMBLEA FINAL DE CURSO

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO FINAL DE CURSO 2017-2018


Estimadas/os  nais e pais, convocámosvos á asemblea xeral ordinaria da ANPA. Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións nas asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso, as persoas non asociadas asistirán a asemblea con voz pero sen voto.


Data: Xoves 14 de xuño de 2018.
Hora: 20:00 h en primeira convocatoria ou 20:15 h en segunda convocatoria (de non haber suficientes asistentes na primeira).
Lugar: Salón de actos do IES Johán Carballeira.


Enlaces:

CONVOCATORIA 14 XUÑO 2018

ACTA ASEMBLEA 9 OUTUBRO 2017

BALANCE ECONÓMICO CURSO 2017-18

martes, 8 de maio de 2018

FOLGA ESTUDIANTIL 10 MAIO

O vindeiro xoves 10 de maio está convocada unha folga estudantes para protestar pola sentenza da Manada. Deixámosvos información sobre a convocatoria.

Enlaces:

http://www.sindicatodeestudiantes.net/

Folleto informativo das concentracións

sábado, 7 de abril de 2018

I FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA DE BUEU

O vindeiro sábado 14 de abril, na Praza Massó, o IES Johán Carballeira celebrará a I FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA DE BUEU, unha actividade aberta a toda a veciñanza que ten entre os seus obxectivos principais os de levar a ciencia e a literatura á rúa e amosar o traballo dos centros escolares de Bueu nestes eidos.
Dende a Anpa animámosvos a visitar, participar e colaborar con esta interesante iniciativa na que os e as protagonistas serán os vosos fillos e fillas. Aí van tres propostas de colaboración:
- DOAZÓN DUNHA CAIXIÑA DE CORES: No contexto da Feira, o centro doará á Cruz Vermella as bufandas solidarias que moitos e moitas fixestes nos últimos meses, libretas confeccionadas polo alumnado e tamén lapis de cores para cuxa recolección solicitan a axuda das familias.
- AXUDA Á ORGANIZACIÓN O XOVES 12 DE ABRIL: Este día precísase xente para cargar o material da Feira no camión que o transportará ata a carpa. A cita é as 8:50 do xoves 12 no instituto. Pensamos que o traballo levará menos de unha hora. As persoas que poidades vir, por favor avisade vía mail ou whatsapp á Anpa.
- AXUDA Á ORGANIZACIÓN O SÁBADO 14 DE ABRIL: Trátase de axudar a montar os stands e a decoración da Feira na carpa instalada na Praza Massó. As persoas que poidan deben achegarse sobre as 10 da mañá (confirmarase). Estimamos que a tarefa pode ocuparnos sobre unha hora. Igual que no caso do xoves, enviade unha mensaxe confirmando a vosa colaboración para que poidamos ter unha idea estimada dos que somos.
Deixámosvos un par de enlaces con máis información sobre o evento e o díptico no que se detalla o programa de actividades que atoparedes na Feira.


Lembrámosvos os datos de contacto da Anpa:
blog: anpajohancarballeira.blogspot.com
mail: anpa.johan.carballeira@gmail.com
tlf: 698 14 75 57