luns, 17 de decembro de 2018

ANDAINA SOLIDARIA DE NADAL IES JOHAN CARBALLEIRA

Este ano, a tradicional carreira de Nadal Save the children do instituto convértese en andaina e dedica a súa solidariedade a asociación Bicos de papel, un colectivo local de axuda a rapaces e rapazas que padecen cancro. Aquí tendes información sobre o evento:
Durante toda a semana os vosos fillos e fillas poden inscribirse na andaina achegando un donativo mínimo de 2 €. Así mesmo, nos recreos, alumnado voluntario porá a venda produtos da asociación para recadar máis fondos.
Consideramos que era importante que os nenos e nenas entenderan de primeira man cal é o sentido deste evento para o que se lles pide colaboración, polo que a asociación visitará o centro para explicarlles o traballo que fan e como se vai materializar a súa solidariedade.
Por outra banda, pensamos que non tiña moito sentido pedir donativos aos alumnos/as e despois entregarlle un vale para o bocata, así que nesta ocasión a Anpa ingresaralle eses cartos directamente a Bicos de papel.
Ao tratarse dunha asociación da provincia, a entrega dos donativos realizarase en persoa e polos propios alumnos/as, o mesmo día da andaina, nun acto previsto para as 11 da mañá.
A andaina desenvolverase o vindeiro venres 21 de decembro, a partir das 10 da mañá, e transcorrerá polos arredores do instituto. Aqueles pais e nais que poidan achegarse para axudar a vixiar o percorrido, por favor avisádenos enviando unha mensaxe ao móbil da Anpa. Hai que estar no centro un cuarto de hora antes, ás 9:45.
Convidámosvos a visitar a web da asociación: https://bicosdepapel.org/

ANPA DO IES JOHAN CARBALLEIRA