Convocase á asemblea xeral ordinaria de final de curso, o vindeiro xoves 15 de xuño de 2017, ás 20:15 h en primeira convocatoria ou 20:30 h en segunda convocatoria (de non haber suficientes asistentes na primeira), no salón de actos do IES Johán Carballeira. Nos enlaces podedes descargar a convocatoria completa e a a acta da anterior asemblea.
CONVOCATORIA ASEMBLEA 15/06/2017
ACTA ASEMBLEA 15/12/2016
Balance económico curso 2016-2017
Amosando publicacións coa etiqueta Banco de Libros b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Banco de Libros b>. Amosar todas as publicacións
martes, 13 de xuño de 2017
venres, 2 de xuño de 2017
Fichas de alta na ANPA e no Banco de Libros
Modelos para darse de alta tanto como socio/a da ANPA como no Banco de Libros (BdL). Podedes entregalos na secretaría do Centro.
O pagamento da cota de socio/a debedes facelo mediante ingreso no banco, poñendo no concepto os APELIDOS do/s alumnos/as.
Alta como socio/a da ANPA
Alta no BdL
O vindeiro xoves 15 de xuño convocaremos unha asemblea de socios á que pode asistir todo o mundo, un dos puntos será o BdL e aproveitaremos para dar información aos novos socios do seu funcionamento e aclarar as dúbidas que teñades.
venres, 16 de setembro de 2016
xoves, 15 de setembro de 2016
luns, 12 de setembro de 2016
venres, 2 de setembro de 2016
INSCRICIÓN BANCO DE LIBROS E DEVOLUCIÓNS
O xoves 8 de setembro, de 9 a 13 horas, a ANPA instalará no instituto un posto para a recollida dos libros do banco que quedan por devolver. Ese mesmo día, poderán formalizarse as inscricións dos novos socios no Banco de Libros para o curso 2016-2017.
venres, 10 de xuño de 2016
BANCO DE LIBROS CURSO 2016-2017
A ANPA PON EN MARCHA O BANCO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO
O
alumnado que aprobou en xuño e que non tivo a axuda da Xunta
para a adquisición dos libros, deberá devolvelos ao BANCO DE
LIBROS DA ANPA o xoves 23 de xuño, de 9 a 13 horas, no
instituto.
Ese
mesmo día poderedes cubrir a ficha de alta no Banco do curso 2016-17
ou consultar cos/as voluntarios/as da ANPA as dúbidas que vos
xurdan.
Deixámosvos o enlace á FICHA DE ALTA NO BANCO DE LIBROS, tamén dispoñible en pdf no voso mail (se non vos chegou enviae un mail ao correo da ANPA).
venres, 11 de setembro de 2015
INSTRUCIÓNS PARA O PAGO DAS COTAS DO BANCO DE LIBROS
Nº DE CONTA DA ANPA EN ABANCA: ES19 2080 5017 5630 4000 4428
No concepto do ingreso debe poñerse o NOME COMPLETO do/a alumno/a e o CURSO.
Unha vez ingresado mandade un whatsapp ao número da ANPA 698 14 75 57, cos seguintes datos:
BANCO DE LIBROS
- Nome do/a alumno/a.
- Curso.
- Asignaturas pendentes se as ten.
- Librería onde depositaron o cheque, se o ten.
- Confirmación do pago da cota e cantidade pagada (Pagado .... €).
IMPORTANTE: NON MANDALO A TRAVÉS DO GRUPO, SÓ AO TLF DA ANPA.
Se tendes algunha dúbida chamade ao tlf. da ANPA ou enviade un mail a anpa.johan.carballeira@gmail.com (na medida do posible evitade por favor utilizar os teléfonos persoais dos membros da directiva).

luns, 23 de xuño de 2014
Votamos a andar de novo o Banco de Libros
Ola a todos/as
Para este novo curso debemos contar coas novidades incorporadas dende Educación. A contía das axudas e os umbrais de renta para obtelas seguen sendo os mesmos, o que cambia son dúas cousas:
Tras contactar coas librerías do pobo e falar co Centro, chegamos a unha solución para poder continuar co noso Banco de Libros. Todo seguirase facendo coma o curso pasado salvo pola diferenza de que ao rematar o curso que vén eses libros que foron mercados coas axudas serán devoltos dende o Banco de Libros da Anpa ao novo Banco de libros do Centro. Cando saia a normativa (aló pola primavera do 2015), decidirase en Asemblea e co Centro se unificamos os Bancos de Libros ou se mantemos os dous.
O importante é que para este curso imos seguir co que comezamos o ano pasado, complícase un pouco (ou bastante) a xestión, o que pode dar lugar a un ou dous días máis de espera polos libros, pero no resto todo continúa de idéntica forma.
Estaremos no Centro os días e nas horas de matrícula (tanto en xuño coma en setembro). Nestes días:
Pois nada, agardámosvos o xoves 26 e o venres 27 de xuño de 9 a 13h. na entrada do Instituto para darvos máis información e para recoller libros/altas do curso que vén.
Para os socios/as e novas incorporacións con materias pendentes para setembro estaremos no mesmo sitio os días de matrícula en setembro, para a recollida das novas altas de setembro e dos libros.
Saúdos e boas vacacións!!
Para este novo curso debemos contar coas novidades incorporadas dende Educación. A contía das axudas e os umbrais de renta para obtelas seguen sendo os mesmos, o que cambia son dúas cousas:
- Coas axudas non se poderá mercar caderniños nin material escolar
- Os libros de texto que as familias merquen coas axudas teñen que entregarse no Centro unha vez rematado o curso escolar próximo (para o ano que vén)
Tras contactar coas librerías do pobo e falar co Centro, chegamos a unha solución para poder continuar co noso Banco de Libros. Todo seguirase facendo coma o curso pasado salvo pola diferenza de que ao rematar o curso que vén eses libros que foron mercados coas axudas serán devoltos dende o Banco de Libros da Anpa ao novo Banco de libros do Centro. Cando saia a normativa (aló pola primavera do 2015), decidirase en Asemblea e co Centro se unificamos os Bancos de Libros ou se mantemos os dous.
O importante é que para este curso imos seguir co que comezamos o ano pasado, complícase un pouco (ou bastante) a xestión, o que pode dar lugar a un ou dous días máis de espera polos libros, pero no resto todo continúa de idéntica forma.
Estaremos no Centro os días e nas horas de matrícula (tanto en xuño coma en setembro). Nestes días:
- Recolleremos os libros emprestados para este curso (en xuño aos que superaron todas as materias nesta data e en setembro aos demáis).
- Recolleremos o documento de alta (pódese descargar aquí) para os que queiran continuar no banco de Libros ou para as novas incorporacións.
- Recolleremos os libros de texto daquelas familias que queren deixar os libros usados para o desconto na cota ou para cambiar os libros por vales para gastar nas librarías (esto último sempre no caso de que ao BdL lle interese mercar eses exemplares).
Pois nada, agardámosvos o xoves 26 e o venres 27 de xuño de 9 a 13h. na entrada do Instituto para darvos máis información e para recoller libros/altas do curso que vén.
Para os socios/as e novas incorporacións con materias pendentes para setembro estaremos no mesmo sitio os días de matrícula en setembro, para a recollida das novas altas de setembro e dos libros.
Saúdos e boas vacacións!!
martes, 15 de outubro de 2013
Reunión co Alcalde de Bueu
Onte, 14 de outubro, tivemos unha reunión co Alcalde, Félix Juncal, á que asistimos representantes da ANPA "San Martiño" e de "A Pedra". O tema da reunión era referente ao Banco de Libros. Por unha banda a nosa ANPA lle pediu ao Alcalde colaboración económica do Concello, xa que o gasto foi maior ó previsto, e por outro lado puxemos sobre a mesa a posibilidade de facer un Banco de Libros Municipal, xestionado polas ANPAS, por medio da súa Federación e con algún tipo de axuda económica do Concello.
A resposta se fará esperar, pero non houbo unha negativa rotunda: será un tema a estudar por parte do Concello e a tratar e pechar no próximo Consello Escolar Municipal, que aínda non ten data, pero que se agarda sexa este mes ou o que ven. Vos manteremos informados!!
Para a nosa ANPA é primordial que se dote dende o Concello dalgunha axuda, xa que as nosas contas quedaron bastante deterioradas despois da inversión no Banco de Libros e son varios os proxectos que nos gustaría poñer en marcha no Centro. As sensacións tras a reunión son boas, pensamos que a resposta pode ser positiva.
Saúdos!!

luns, 14 de outubro de 2013
Memoria Proxecto do Banco de Libros
Na seguinte ligazón tendes dispoñible a memoria referente ao Banco de Libros do Curso 2012-2013.
Memoria do BdL
Memoria do BdL
venres, 28 de xuño de 2013
Listaxe de libros de texto incluídos no BdL
Podedes consultar no seguinte enlace a relación de libros facilitada polo IES Johan Carballeira.
Nesta listaxe distinguimos os libros incluídos no BdL para empréstito e os cadernos non incluídos.
Listaxe dos libros de texto incluídos no BdL
Nesta listaxe distinguimos os libros incluídos no BdL para empréstito e os cadernos non incluídos.
Listaxe dos libros de texto incluídos no BdL
Formularios e calendario do BdL
Se estades interesados debedes entregar o ANEXO I (solicitude de alta).
Atenderemos persoalmente as vosas preguntas na semana do 01 ao 05 de xullo, dende as 10 ás 12 da mañá no recibidor do instituto.
Se, ademais, tendes libros usados para doar ao BdL
recibiredes unha bonificación.
ANEXO IV (Doazón de material escolar)
Consultade bases de funcionamento do BdL para obter máis información.
Cantos máis participemos, máis oportunidade
temos de racionalizar os gastos!
Tamén poderedes contactar connosco
por teléfono ou correo electrónico.
Tfno. 698 147 557
anpa.johan.carballeira@gmail.com
Banco de Libros
BANCO DE LIBROS
CURSO
2013/2014
Estimadas familias, este ano votamos a
andar o noso Banco de Libros. O proxecto consiste en facer a compra ou
empréstito de libros de texto dunha forma solidaria entre todos os
participantes para, deste xeito, acadar o máximo nivel de aforro posíbel.
Herdamos a idea da ANPA do CEIP A Pedra
e parécenos unha boa oportunidade para fomentar a responsabilidade e a
cooperación.
Neste primeiro ano decidimos levar a
cabo o proxecto para o alumnado da ESO, pero non descartamos para próximos
cursos ampliar a idea para o bacharelato e/ou os ciclos que se imparten no noso
instituto.
Aínda non puidemos determinar a cota
anual porque dependerá de cantos sexamos e das necesidades de gasto que haxa,
pero pensamos que non debería exceder os 100 € polo lote completo de libros de
texto.
Poderedes consultar as bases de
funcionamento do banco no taboleiro da ANPA ou descargalo directamente no seguinte enlace:
Bases de Funcionamento do Banco de Libros
Bases de Funcionamento do Banco de Libros
Benvida ao novo blog!
Dámosvos
a benvida ao noso medio de comunicación.
Desde este lugar só pretendemos
facilitar a comunicación entre os membros da comunidade da nosa asociación.
Agardamos que sirva ademais para
recoller as vosas opinións e comentarios acerca da vida escolar dos nosos
fillos e fillas.
Confiamos en que participedes para
dinamizar as actividades que iremos propoñendo ao longo dos vindeiros cursos!
Saúdos da Xunta Directiva!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)