Estimadas/os nais e pais, convocámosvos á asemblea xeral ordinaria da ANPA.
Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións
nas asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso,
as persoas non asociadas asistirán a asemblea con voz pero sen voto.
Data: Xoves 13 de xuño de 2019.
Hora: 20:15 h en primeira convocatoria ou 20:30 h en segunda convocatoria
(de non haber suficientes asistentes na primeira).
(de non haber suficientes asistentes na primeira).
Lugar: Salón de actos do IES Johán Carballeira.
ORDE DO DÍA:
- Aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior, celebrada o 11/10/2018 (dispoñible para a súa consulta no blog da Anpa).
- Presentación do balance económico e aprobación das contas do curso 2018-19.
- Informe anual de xestións e actividades.
- Renovación da xunta directiva da Anpa.
- Outros asuntos.
Bueu, 3 de xuño de 2019
A Xunta Directiva da ANPA