Amosando publicacións coa etiqueta Actividades no Centro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades no Centro. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de outubro de 2013

Actividades extraescolares

Club de lectura
Coma tódolos anos se desenvolverá esta actividade que tanto lles gusta aos rapaces/as. A profesora avisa a aqueles rapaces do día no que se desenvolve a actividade, e envía a autorización á casa para que os pais/nais a asinen. Eses días os rapaces/as quedan a comer no Centro (ou levan a comida ou a encargan na cafetería) e, pola tarde, se reunen na biblioteca para ler e comentar o libro elixido. A actividade busca fomentar nos nenos/as o gusto pola lectura e compartir esta fantástica afición.

Teatro
Fai xa anos que se vén desenvolvendo esta actividade no Centro. Non son moitos os rapaces/as que se apuntan, pero os que o fan, repiten e repiten ano tras ano, o que quere dicir que o pasan ben e que lles gusta. A actividade de teatro é de balde, a ANPA fai unha pequena aportación pero debemos dicir que se leva tantos anos é polo afán do seu monitor, Fran Paredes, da compañía de teatro Ningures, de achegar o teatro aos xóvenes. Tódolos anos preparan unha nova obra de teatro que escenifican a finais de curso en varios escenarios de O Morrazo, xunto coas obras de outros grupos de teatro. Aquí vos deixo links para a Compañía de Teatro Ningures e para a obra "Fuxan os contos" feita o curso pasado no IES Johán Carballeira.

Obradoiro de Astronomía
Esta é unha nova actividade do Centro. Levarase a cabo nos recreos polo Departamento de Grego e Latín para todo o alumnado que se amose interesado, contará tamén con charlas e prácticas de observación do firmamento dirixidas polo profesor de Física da Universidade de Santiago de Compostela e se programará unha visita ao observatorio de Forcarei ou ó de Pontecladelas. Non vos poido dar mais datos, pero parece moi interesante.

venres, 25 de outubro de 2013

Actividades no primeiro trimestre do IES Johán Carballeira

O resumo das actividades programadas polo Centro IES Johán Carballeira para este primeiro trimestre do curso 2013-2014 son as seguintes:

Samaín
  • 1º e 2º ESO: Elaboración e exposición de cabazas, coa colaboración do Departamento de Lingua e Literatura Galega.
  • 1º ESO: Decoración da entrada para o Samaín, coordinado polo Departamento de Artes Plásticas e coa colaboración do EDLG.
  • CM Estética: Elaboración de máscaras para a celebración do Samaín, coa axuda do Departamento de Imaxe Persoal.



Celebración do Magosto
Haberá xogos organizados polo Departamento de Educación Física, música a cargo dun grupo de alumnos coordinados polo profesor Félix Boullosa e degustación de postres caseiros e castañas feitos polos alumnos de 4º da ESO.

Cross Solidario de Nadal
Co fin de colaborar coa ONG "Save the Children". Colabora Centro e ANPA.

Talleres para mellorar a convivencia no Centro
O departamento de Orientación, organiza durante o primeiro trimestre os seguintes talleres:
  • 1º e 2º da ESO: Obradoiro de Resolución de conflitos.
  • En titorías da ESO: Semana de prevención de riscos de internet.
  • 3º ESO: Obradoiro de Sexualidade.
  • 4º ESO: Obradoiro de Alimentación e Nutrición.
  • 1º PCPI: Obradoiro sobre Hábitos nocivos.
  • 2º PCPI: Obradoiro de Prevención de drogas.


Concursos, xogos, exposicións e mercadillos
  • 2º e 4º da ESO: Deseño de carteis para o concurso sobre a violencia de xénero, organizado polo Departamento de Artes Plásticas.
  • 1º e 4º da ESO: Concurso de felicitacións do Nadal, coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas e o EDLG.
  • Concurso de creación dunha mascota para a Biblioteca, coa axuda do Departamento de Artes Plásticas e o equipo da Biblioteca.
  • Creación dun logotipo para o EDLG, coa cooperación do Departamento de Artes Plásticas.
  • Exposición e obradoiro sobre os petroglifos, coa colaboración do Departamento de Clásicas.
  • Mercadillo do libro usado nos recreos do 1º trimestre, para colaborar coa entidade "Save the children". Colabora o Departamento de Lingua Castelá e organiza o alumnado de 3º ESO.
  • 2º ESO e 2º Bacharelato: Participación, para quen o desexe, na Olimpiada Matemática, organizado polo Departamento de Matemáticas
  • Obradoiro e Campionato de xadrez nos recreos, organizado polo Departamento de Orientación.
Visitas
  • CM Xestión Administrativa e CS Administración e Finanzas: Visita ao Xulgado do Social de Pontevedra, visita ao Parlamento de Galicia e ao Museo do Pobo Galego e visita ao Museo Massó de Bueu.
  • Alumnado de francés de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato: Obra teatral no Auditorio de Bueu.
  • Alumnado de latín, Grego e Música: Visita do músico grego Jristos Kanelos Malamás, organizado polo Departamento de Clásicas.
Conmemoracións
  • 25 Novembro: Día da non violencia contra as mulleres.
  • 1-11 Decembro: Constitución e Estatuto de Autonomía de Galicia.
  • 10 Decembro: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Estas son as actividades que o Centro agarda facer durante este primer trimestre. Aló polo mes de decembro publicaremos as do segundo.
Saúdos!!