sábado, 7 de abril de 2018

I FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA DE BUEU

O vindeiro sábado 14 de abril, na Praza Massó, o IES Johán Carballeira celebrará a I FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA DE BUEU, unha actividade aberta a toda a veciñanza que ten entre os seus obxectivos principais os de levar a ciencia e a literatura á rúa e amosar o traballo dos centros escolares de Bueu nestes eidos.
Dende a Anpa animámosvos a visitar, participar e colaborar con esta interesante iniciativa na que os e as protagonistas serán os vosos fillos e fillas. Aí van tres propostas de colaboración:
- DOAZÓN DUNHA CAIXIÑA DE CORES: No contexto da Feira, o centro doará á Cruz Vermella as bufandas solidarias que moitos e moitas fixestes nos últimos meses, libretas confeccionadas polo alumnado e tamén lapis de cores para cuxa recolección solicitan a axuda das familias.
- AXUDA Á ORGANIZACIÓN O XOVES 12 DE ABRIL: Este día precísase xente para cargar o material da Feira no camión que o transportará ata a carpa. A cita é as 8:50 do xoves 12 no instituto. Pensamos que o traballo levará menos de unha hora. As persoas que poidades vir, por favor avisade vía mail ou whatsapp á Anpa.
- AXUDA Á ORGANIZACIÓN O SÁBADO 14 DE ABRIL: Trátase de axudar a montar os stands e a decoración da Feira na carpa instalada na Praza Massó. As persoas que poidan deben achegarse sobre as 10 da mañá (confirmarase). Estimamos que a tarefa pode ocuparnos sobre unha hora. Igual que no caso do xoves, enviade unha mensaxe confirmando a vosa colaboración para que poidamos ter unha idea estimada dos que somos.
Deixámosvos un par de enlaces con máis información sobre o evento e o díptico no que se detalla o programa de actividades que atoparedes na Feira.


Lembrámosvos os datos de contacto da Anpa:
blog: anpajohancarballeira.blogspot.com
mail: anpa.johan.carballeira@gmail.com
tlf: 698 14 75 57