martes, 19 de decembro de 2017

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

O vindeiro xoves 21 de decembro, coma en anos anteriores por estas datas, vai desenvolverse unha carreira solidaria, organizada polos IES Johán Carballeira e Illa de Ons, coa colaboración das súas respectivas ANPA e mailo Concello de Bueu, coa finalidade de recadar fondos  para a ONG Save The Children. A carreira, na que participan entre 200 e 300 alumnos e alumnas, comezará ás 10 h. e transcorrerá polo circuito disposto entre os institutos e o cruce do Centro de Saúde.

A Anpa estará colaborando na organización da carreira dende as 9 ás 11 da mañá. Os nais e pais que poidades vir botar unha man, por favor enviade unha mensaxe de confirmación ao mail ou tlf da Anpa.

ANPA DO IES JOHÁN CARBALLEIRA DE BUEU
698 14 75 57

venres, 24 de novembro de 2017

BUFANDAS SOLIDARIAS

Dende a biblioteca do instituto propóñenos un xesto de solidariade cos nenos e nenas refuxiados, a elaboración de bufandas solidarias encriptadas nas que puidera lerse, en código Morse, a palabra PAZ.

A idea xurdiu da lectura da novela de Susana Fortes "Septiembre puede esperar", na que se fala entre outras cousas do papel da muller nos conflitos bélicos e das inxenionas maneiras de transmitir información que permitía o alfabeto Morse.

A biblioteca anima a pais, nais e cidadanía en xeral a sumarse a esta iniciativa solidaria, confeccionando as bufandas de acordo coas instrucións que se achegan embaixo, antes do mes de abril do ano que vén.

Podedes ampliar a información no seguinte enlace do blog da biblioteca:
http://bibliotecajcarballeira.blogspot.com.es/2017/11/bufandas-solidarias-encriptadas.html


martes, 14 de novembro de 2017

FOLGA 16 DE NOVEMBRO




Este xoves, 16 de novembro, a organización estudiantil Erguer!, co apoio entre outros colectivos, da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, convoca unha folga no ensino para reclamar a derogación da Lomce e a posta en marcha dunha Lei Galega de Educación.

Deixámosvos un enlace á web do colectivo organizador:

http://erguer.gal/gl/folga-o-16-de-novembro/

mércores, 4 de outubro de 2017

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA DO INICIO DO CURSO 2017-2018


Estimadas/os  nais e pais, convocámosvos á asemblea xeral ordinaria da ANPA. Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións nas asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso, as persoas non asociadas asistirán a asemblea con voz pero sen voto.


Data: Luns 9 de outubro de 2017.
Hora: 20:30 h en primeira convocatoria ou 20:45 h en segunda convocatoria (de non haber suficientes asistentes na primeira).
Lugar: Salón de actos do IES Johán Carballeira.


ORDE DO DÍA:

  1. Aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior, celebrada o 15 de xuño (dispoñible para a súa consulta no blog da Anpa).
  2. Renovación da xunta directiva da Anpa e elección do seu representante no Consello Escolar do centro.
  3. Informe do Banco de libros do presente curso.
  4. Informe en relación á colaboración na adquisición dunha axenda para o alumnado de 1º ESO.
  5. Informe do tratado no último Consello Escolar do 2 de outubro.
  6. Outros asuntos.


ANEXOS:

Convocatoria da asemblea 9/10/17

Acta da asemblea anterior (15/06/2017)


martes, 13 de xuño de 2017

CONVOCATORIA ASEMBLEA FINAL DE CURSO

Convocase á asemblea xeral ordinaria de final de curso, o vindeiro xoves 15 de xuño de 2017, ás 20:15 h en primeira convocatoria ou 20:30 h en segunda convocatoria (de non haber suficientes asistentes na primeira), no salón de actos do IES Johán Carballeira. Nos enlaces podedes descargar a convocatoria completa e a a acta da anterior asemblea.

CONVOCATORIA ASEMBLEA 15/06/2017

ACTA ASEMBLEA 15/12/2016

Balance económico curso 2016-2017

venres, 2 de xuño de 2017

Fichas de alta na ANPA e no Banco de Libros


Modelos para darse de alta tanto como socio/a da ANPA como no Banco de Libros (BdL). Podedes entregalos na secretaría do Centro.

O pagamento da cota de socio/a debedes facelo mediante ingreso no banco, poñendo no concepto os APELIDOS do/s alumnos/as.


Alta como socio/a da ANPA

Alta no BdL


O vindeiro xoves 15 de xuño convocaremos unha asemblea de socios á que pode asistir todo o mundo, un dos puntos será o BdL e aproveitaremos para dar información aos novos socios do seu funcionamento e aclarar as dúbidas que teñades.

xoves, 11 de maio de 2017