Estimadas/os nais e pais, convocámosvos á asemblea xeral ordinaria da ANPA. Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións nas asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso, as persoas non asociadas asistirán a asemblea con voz pero sen voto.
Data: Luns 9 de outubro de 2017.
Hora: 20:30 h en primeira convocatoria ou 20:45 h en segunda convocatoria (de non haber suficientes asistentes na primeira).
Lugar: Salón de actos do IES Johán Carballeira.
ORDE DO DÍA:
- Aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior, celebrada o 15 de xuño (dispoñible para a súa consulta no blog da Anpa).
- Renovación da xunta directiva da Anpa e elección do seu representante no Consello Escolar do centro.
- Informe do Banco de libros do presente curso.
- Informe en relación á colaboración na adquisición dunha axenda para o alumnado de 1º ESO.
- Informe do tratado no último Consello Escolar do 2 de outubro.
- Outros asuntos.
ANEXOS:
Convocatoria da asemblea 9/10/17
Acta da asemblea anterior (15/06/2017)