mércores, 30 de setembro de 2015

Problemática das optativas en bacharelato

A ANPA, despois de reunirse co equipo directivo do centro, solicitoulle que convocase unha reunión informativa cos pais e nais do alumnado de 1º de bacharelato para explicar a problemática sufrida este curso coa elección de optativas e as solucións plantexadas dende o centro.
O equipo directivo transmítenos que se aproveitará o acto de presentación do novo curso para dar as ditas explicacións.
Xa vos anunciamos que, coma outros anos, ao remate do acto de presentación terá lugar a Asemblea Xeral da ANPA, onde tamén se tratará o tema e se decidirán as medidas a tomar, no caso de que as haxa.
De momento, aínda non se concretou unha data para o acto de presentación.