Para este novo curso debemos contar coas novidades incorporadas dende Educación. A contía das axudas e os umbrais de renta para obtelas seguen sendo os mesmos, o que cambia son dúas cousas:
- Coas axudas non se poderá mercar caderniños nin material escolar
- Os libros de texto que as familias merquen coas axudas teñen que entregarse no Centro unha vez rematado o curso escolar próximo (para o ano que vén)
Tras contactar coas librerías do pobo e falar co Centro, chegamos a unha solución para poder continuar co noso Banco de Libros. Todo seguirase facendo coma o curso pasado salvo pola diferenza de que ao rematar o curso que vén eses libros que foron mercados coas axudas serán devoltos dende o Banco de Libros da Anpa ao novo Banco de libros do Centro. Cando saia a normativa (aló pola primavera do 2015), decidirase en Asemblea e co Centro se unificamos os Bancos de Libros ou se mantemos os dous.
O importante é que para este curso imos seguir co que comezamos o ano pasado, complícase un pouco (ou bastante) a xestión, o que pode dar lugar a un ou dous días máis de espera polos libros, pero no resto todo continúa de idéntica forma.
Estaremos no Centro os días e nas horas de matrícula (tanto en xuño coma en setembro). Nestes días:
- Recolleremos os libros emprestados para este curso (en xuño aos que superaron todas as materias nesta data e en setembro aos demáis).
- Recolleremos o documento de alta (pódese descargar aquí) para os que queiran continuar no banco de Libros ou para as novas incorporacións.
- Recolleremos os libros de texto daquelas familias que queren deixar os libros usados para o desconto na cota ou para cambiar os libros por vales para gastar nas librarías (esto último sempre no caso de que ao BdL lle interese mercar eses exemplares).
Pois nada, agardámosvos o xoves 26 e o venres 27 de xuño de 9 a 13h. na entrada do Instituto para darvos máis información e para recoller libros/altas do curso que vén.
Para os socios/as e novas incorporacións con materias pendentes para setembro estaremos no mesmo sitio os días de matrícula en setembro, para a recollida das novas altas de setembro e dos libros.
Saúdos e boas vacacións!!