Ante a disconformidade que poida esixtir acerca das cualificacións de final de curso, facílitámosvos dous modelos para solicitar a revisión de exames e as reclamacións das cualificacións. Lembrade que para que a reclamación sexa válida, debedes indicar, ao menos, unha das razón indicadas nas normas de organización e funcionamento do centro.
Modelo xeral válido para facer as alegacións que cada quen considere oportuno: Modelo xeral
Modelo específico para quen desexe alegar a vulneración de dereitos básicos do alumnado: Modelo específico
PROCEDEMENTO
PARA A REVISIÓN DE EXAMES E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS
Os/as
profesores/as ensinarán aos/ás alumnos/as as diferentes probas de carácter
escrito que se realicen durante o curso, unha vez cualificadas.
Nas
avaliacións finais, establecerase un horario para que por parte dos distintos
Departamentos didácticos se proceda a atender as solicitudes de revisión de
exames.
Os/as
alumnos/as ou os seus representantes legais poderán reclamar, ante a Dirección
do centro, nun prazo máximo de 2 días hábiles dende que reciben o boletín,
contra as cualificacións finais, cando consideren que a cualificación se
outorgou sen a obxectividade requirida debido a:
1.
Inadecuación
da proba proposta, dos obxectivos e contidos da materia sometida a avaliación e
do nivel previsto na programación polo órgano didáctico correspondente.
2.
Incorrecta
aplicación dos criterios de avaliación establecidos.
No
suposto de reclamación contra as cualificacións finais, o/a Director/a do
centro, logo dos informes oportunos, remitiraas ao Departamento correspondente,
que poderá ratificarse na cualificación outorgada ou estimar a rectificación da
cualificación reclamada. Neste caso, o/a Director/a do centro ordenará formalmente
esta rectificación.
No
suposto de que o Departamento ratifique a cualificación e o/a alumno/a siga en
desacordo, poderá reclamar por escrito e o/a Director/a remitirá o expediente á
Delegación Provincial que, logo do informe da Inspección Educativa, emitirá a
resolución pertinente.
No
procedemento observaranse os seguintes prazos:
1.
O/a
Director/a deberá resolver a reclamación presentada no prazo máis breve
posible.
2.
No
suposto de que o Departamento se ratifique na cualificación outorgada e o/a
alumno/a considere pertinente facer a reclamación, o/a Director/a remitirá á
Delegación Provincial, no prazo de 24 horas, o expediente con todos os informes
e probas achegados polo/a profesor/a e o Departamento.
3.
Xefe
Territorial recibirá o informe da Inspección Educativa e resolverá no prazo
máximo de 10 días naturais.
4.
Contra
a resolución do Xefe Territorial poderá interpoñerse recurso ante o Director
Xeral correspondente, na forma e prazos establecidos na Lei de Procedemento
Administrativo.
5.
Da
resolución do Xefe Territorial darase comunicación ao Departamento a través
do/a Director/a do centro.
As
reclamacións sobre cualificacións finais de segundo de Bacharelato deberán
realizarse ante a Xunta de Supervisión, seguindo as normas e prazos que ao
efecto estableza a CIUG e que se farán públicas todos os anos a través do
taboleiro de avisos do centro.