mércores, 1 de xaneiro de 2014

Obradoiros para 1º e 2º da ESO

Comezamos o novo ano cunha boa nova: a partires de xaneiro todos os rapaces/as de 2º da ESO continuarán co Taller de resolución de conflitos, 5 sesións mais para intentar baixar a conflitividade nestas aulas.

Na seguinte semana dará comezo un Taller de motivación, esta vez para un grupo seleccionado de alumnos/as de 1º e 2º da ESO que se senten desmotivados cara o estudo. A selección será levada a cabo polo Centro e teranse en conta tanto o comportamento nas clases como os resultados académicos. O que se busca é que os rapaces/as entendan a importancia de rematar os estudos da ESO, así como a respectar a decisión doutros compañeiros/as que si queren estudar e darlles ferramentas para poder reengancharse aos seus estudos. É importante deixar claro que non solo os alumnos/as con comportamentos non axeitados nas aulas formarán parte deste grupo, tamén aqueles/as que, tendo un bo comportamento na clase, non amosan interese nos estudos.

Estes obradoiros foron presentados e aprobados pola Dirección do IES, polo Departamento de Orientación, polo Observatorio de Convivencia e, en Asemblea e por maioría absoluta, pola ANPA.

O custo destes talleres será asumido pola ANPA e polo Concello a partes iguais. Gustaríanos agradecer ao Concello a súa disposición para entender a problemática no noso Centro e facer este esforzo económico.

O Centro, dende o Departamento de Orientación, asumirá o custo dun Taller de Formación para o Profesorado e doutros para alumnos/as de Mediación e de Prevención de condutas de risco.

Agardamos que esta inversión teña os seus froitos e que toda a Comunidade Educativa se beneficie da súa implementación. Pedímosvos que, dende as casas, apoiedes estes talleres e vos interesedes polo que acontece neles, así como por se os vosos fillos/as perciben algún cambio da conflitividade nas aulas.

Sen mais, desexarvos un bo ano 2014 a todos/as.

Saúdos!!