Nuns casos, son referentes ós contidos que se dan nesas clases, nos parecen insuficientes para o nivel que se supón que os rapaces/as teñen que acadar nese curso académico. Neste caso, os nosos fillos/as aproban os exames, e ata consiguen boas notas, pero, consiste niso a ensinanza? en aprobar? en pasar de curso? ou o obxectivo mais ben debe ser o de aprender e o de disfrutar aprendendo? Este foi un dos puntos do noso debate.
Noutros casos as queixas son por todo o contrario: o índice de suspensos é tan elevado que fai que nos preguntemos se o suspenso se debe a unha falta de estudo ou a que os contidos esixidos sobrepasan o nivel a alcanzar nese curso académico.
As problemáticas, pois, son moi diferentes, por non dicir contrarias.
Cando trasladamos estas opinións ó Centro, coa intención de buscar unha solución, atopámonos cunha realidade: ainda que levamos anos queixándonos, nunca deixamos estas queixas por escrito, así que todo o acontecido ata agora é, por así decilo, indemostrable.
Aínda así, os Departamentos e a Dirección do Centro acolleron a problemática e este curso están intentando darlle unha solución. Nun dos casos os rapaces/as están a notar un cambio: os exames non son tan longos e, se ben aínda é cedo para falar de porcentaxes de aprobados/suspensos, as impresións do alumnado nos fan entender que o nivel se axusta en maior medida ás súas capacidades. Neste caso en concreto, dende a ANPA pediríamosvos paciencia, os cambios non ocorren de hoxe para mañán, os rapaces/as tamén precisan un tempo para deixar de pensar que é imposible aprobar a asignatura e temos que facer un esforzo en valorar obxetivamente os cambios: suspender cun "0" ou cun "1" é moi distinto a facelo cun "4", o importante é conseguir dende as casas que eles se vaian sentindo capaces e observar como se vai desenvolvendo a problemática neste primer trimestre.
Que facer en caso de descontento con algún profesor?
Debemos partir sempre de que, en moitos casos, os nosos fillos/as non din toda a verdade. Penso que todos nós, sendo rapaces, mentimos para xustificar un suspenso ou unha falta de comportamento, que si "o exame foi moi difícil", que si "puxo cousas que non vimos na clase", que si "corrixiume fatal", "eu non fun, pero sempre levo as culpas de todo"... O raro é que nos digan "non estudiei o suficiente" ou "non me esperaba que me preguntase esas cousas, prepareino mal" ou "non pensei que fora tan importante coller apuntes"...
Pero en ocasións, os nenos/as poden ter razón nas súas queixas, non sempre minten ou ocultan parte da verdade, ahí os pais e nais debemos actuar, en primeiro lugar intentando compilar toda a información que poidamos, cos seus amigos/as, co titor e co profesor. Se chegamos a conclusión de que o noso fillo/a ten razón nas súas queixas, e nin o titor nin o profesor nos dan unha explicación que nos convenza, o que debemos facer é deixar un escrito en Secretaría. Alí teñen un modelo de solicitide tipo, no que, tras expoñer a problemática que te levou ó Centro, solicites, ben ó Departamento (se se trata de discrepancias na corrección do exame ou se pensas que é demasiado fácil/difícil para o seu curso académico), ben á Xefatura de Estudos (cando se trata de comportamentos pouco axeitados) unha revisión da problemática.
É importante que deixedes constancia por escrito, porque solo así, no caso de que fora necesario, e de xuntarse casos similares, poderíamos xustificar ante Inspección Educativa a necesariedade da súa actuación.
Que non facer en caso de descontento con algún profesor?
Faltarlles ó respecto. Sei que á maioría de nós non nos fai falla que nolo digan, seguramente é o caso de todos os que agora mesmo estedes lendo estas líneas, pero penso que nunca está de mais dicilo: cando perdemos as formas, perdemos a razón. Podemos falar, criticar, denunciar... pero sempre mantendo o respecto e a atención. Non debemos esquecer que somos educadores e que os rapaces/as aprenden moitísimo por imitación. Debemos, pois, escoitar as súas queixas, contrastalas e actuar en consecuencia. Para calquera dúbida ou caso persoal, podedes contar connosco. O contacto o tendes no encabezamento deste mesmo blogg.
Saúdos!!