Con esta entrada trataremos de achegarvos os textos legais que sustentan o noso sistema educativo.
Non queremos ser unha guía lexislativa, para iso están os organismos oficiais, pero si que se pode usar como unha referencia á hora de consultar dúbidas, dereitos, obrigas...
Agardamos que nos sirvan de axuda para saber por onde andamos.
Queremos agradecer a José Ricardo López Saavedra do Departamento de Matemáticas do IES As mariñas de Betanzos polo traballo de recompilar, estruturar e compartir esta información tan valiosa.