O prometido é debeda. Cando no Consello Escolar preguntamos sobre a resposta que debemos agardar de parte do Centro ante certas condutas dos rapaces/as, nos dixeron que o Protocolo estaba publicado no Regulamento de Réxime Interior. Estiven votando unha ollada sobre este tema e, a verdade, é que me defraudou bastante. Sei que no Centro existe Aula de Convivencia e Servizo de Mediación, pero no Protocolo non se nombran en ningún momento estes servizos, non sei se é debido a que non se usan ou se mais ben se debe a que o Regulamento non está actualizado. Vos preparei unha pequena e curta presentación resumindo o que pon no Regulamento referente a que se considera falta leve, grave ou moi grave e o que se agarda que o Centro faga ante cada un dos casos. Podedes votarlle un ollo aquí e opinar sobre o que vexades convinte.
Para seguir co tema, irei preparando algunha outra presentación para entender que se fai na Aula de Convivencia, en que consiste o Servizo de Mediación Escolar e outras formas de atallar dun modo mais constructivo e preventivo e menos sancionador o mesmo problema: a conflitividade e as condutas disruptivas.
Saúdos!!