martes, 19 de novembro de 2013

Convocatoria de reunión 21N

Vos convocamos a  unha Asemblea este xoves, 21 de Novembro, no Salón de Actos do IES Johán Carballeira, ás 20:15 do serán. É moi importante que acudades, xa que os temas a tratar na orde do día son do voso interese.
Falaremos dos seguintes puntos:

  1. Composición e Presentación da nova Xunta Directiva da ANPA. Se algún/a de vós quere pertencer a Directiva, aínda estaredes a tempo de apuntarvos.
  2. Asignación de representantes da nosa ANPA na Federación: Se nomearán polo menos dous vogais e dous suplentes.
  3. Presentación do Balance de Contas: Número de socios neste curso e estado económico da ANPA.
  4. Presentación para a súa votación do Plan de Mellora da Convivencia no Centro. Vos explicaremos en que consiste este plan que pretende dar unha resposta o problema da conflitividade no Centro.
  5. Votación para a aprobación, se procede, da subida da cota da ANPA de 12 a 15 € para o vindeiro curso.
  6. Recollida de información referente ó profesorado: Tras poñernos en contacto coa inspectora, fóisenos solicitado un informe detallado dos motivos que provocan a necesidade dunha inspección. Para iso temos que pedirvos a vosa axuda, necesitamos que compiledes información cos vosos fillos do que acontece nas aulas, para a elaboración de dito informe. Tódolos datos serán tratados de modo confidencial e o informe se presentará coa sinatura da meirande parte posible da comunidade de pais/nais do Centro, pero como dixen, respectando a confidencialidade da información proporcionada polos vosos fillos/as.
  7. Cross de Nadal: Coma tódolos anos, participaremos no desenvolvemento desta carreira que ten como beneficiaria a Asociación "Save the children". Pediremos a colaboración dalgún pai/nai para a súa posta en marcha e o seu desenvolvemento.
  8. Rolda de intervencións.
Esperamos que esta convocatoria sexa do voso interese e que poidades acudir. É moi necesario para continuar traballando o voso apoio e axuda.
Grazas polo voso tempo e saúdos!!