Coma tódolos anos se desenvolverá esta actividade que tanto lles gusta aos rapaces/as. A profesora avisa a aqueles rapaces do día no que se desenvolve a actividade, e envía a autorización á casa para que os pais/nais a asinen. Eses días os rapaces/as quedan a comer no Centro (ou levan a comida ou a encargan na cafetería) e, pola tarde, se reunen na biblioteca para ler e comentar o libro elixido. A actividade busca fomentar nos nenos/as o gusto pola lectura e compartir esta fantástica afición.
Teatro
Fai xa anos que se vén desenvolvendo esta actividade no Centro. Non son moitos os rapaces/as que se apuntan, pero os que o fan, repiten e repiten ano tras ano, o que quere dicir que o pasan ben e que lles gusta. A actividade de teatro é de balde, a ANPA fai unha pequena aportación pero debemos dicir que se leva tantos anos é polo afán do seu monitor, Fran Paredes, da compañía de teatro Ningures, de achegar o teatro aos xóvenes. Tódolos anos preparan unha nova obra de teatro que escenifican a finais de curso en varios escenarios de O Morrazo, xunto coas obras de outros grupos de teatro. Aquí vos deixo links para a Compañía de Teatro Ningures e para a obra "Fuxan os contos" feita o curso pasado no IES Johán Carballeira.
Obradoiro de Astronomía
Esta é unha nova actividade do Centro. Levarase a cabo nos recreos polo Departamento de Grego e Latín para todo o alumnado que se amose interesado, contará tamén con charlas e prácticas de observación do firmamento dirixidas polo profesor de Física da Universidade de Santiago de Compostela e se programará unha visita ao observatorio de Forcarei ou ó de Pontecladelas. Non vos poido dar mais datos, pero parece moi interesante.