O vindeiro xoves 21 de decembro, coma en anos anteriores por estas datas, vai desenvolverse unha carreira solidaria, organizada polos IES Johán Carballeira e Illa de Ons, coa colaboración das súas respectivas ANPA e mailo Concello de Bueu, coa finalidade de recadar fondos para a ONG Save The Children. A carreira, na que participan entre 200 e 300 alumnos e alumnas, comezará ás 10 h. e transcorrerá polo circuito disposto entre os institutos e o cruce do Centro de Saúde.
A Anpa estará colaborando na organización da carreira dende as 9 ás 11 da mañá. Os nais e pais que poidades vir botar unha man, por favor enviade unha mensaxe de confirmación ao mail ou tlf da Anpa.
![](https://mail.google.com/mail/ca/u/0/?ui=2&ik=68b0389d95&view=fimg&th=1606dc602ffba1c6&attid=0.1&disp=emb&realattid=ii_jbdakvbi0_1606d9de887bc658&attbid=ANGjdJ97JrQvdwx7wclK8WueXLbf-AQhboybbaR3zjpoXvO_cr2ypmh5VlzR85YdlJx4S8p0-UBXv5lUUpdX-JyaZaSLG6ucLHpGmRLN7DgdXCGRu4aZ_UblkYal5q8&sz=w698-h424&ats=1513670188465&rm=1606dc602ffba1c6&zw&atsh=1)
698 14 75 57