Dende a biblioteca do instituto propóñenos un xesto de solidariade cos nenos e nenas refuxiados, a elaboración de bufandas solidarias encriptadas nas que puidera lerse, en código Morse, a palabra PAZ.
A idea xurdiu da lectura da novela de Susana Fortes "Septiembre puede esperar", na que se fala entre outras cousas do papel da muller nos conflitos bélicos e das inxenionas maneiras de transmitir información que permitía o alfabeto Morse.
A biblioteca anima a pais, nais e cidadanía en xeral a sumarse a esta iniciativa solidaria, confeccionando as bufandas de acordo coas instrucións que se achegan embaixo, antes do mes de abril do ano que vén.
Podedes ampliar a información no seguinte enlace do blog da biblioteca:
http://bibliotecajcarballeira.blogspot.com.es/2017/11/bufandas-solidarias-encriptadas.html