As
ANPA do CEIP A Pedra, o IES Johan Carballeira e o IES Illa de Ons
veñen de reclamarlle á Consellería de Educación unha CONEXIÓN A
INTERNET suficiente para satisfacer a demanda de velocidade do actual
sistema educativo, o cal conta con cada vez máis recursos dixitais
que non se poden utilizar pola falta de capacidade da rede.
A
Consellería prometeu que para o ano 2018 teriamos conexión
ultrarrápida. Consideramos que a promesa é demasiado imprecisa. Os
colexios afectados atópanse moi próximos uns aos outros e nunha
zona céntrica, a menos de 300 metros de vivendas e instalacións aos
que si chega a fibra óptica da empresa que presta o subministro
nestes centros do ensino.
Os
centros levan xa varios anos reclamando máis velocidade de conexión.
Actualmente, os máis de 1200 estudantes que suman os tres colexios,
e o seu profesorado, teñen que arranxarse cada día cunha conexión
que non pasa dos 8 megas. Calquera pode imaxinar o que ocorre cando
están tódolos equipos, pizarras interactivas e demais recursos
dixitais traballando ao mesmo tempo.
Consideramos
que non é un problema menor. Afecta directa e gravemente á calidade
da educación que reciben os nosos fillos e fillas, minguándolles a
posibilidade de utilizar os recursos educativos propios do século
XXI.
É
por isto que temos decidido botarlle unha man á Xunta. Imos facerlle
a doazón simbólica e reivindicativa de todo o cable que poidamos
reunir, para ver se conseguimos así estimulalos e animalos a
solucionar o problema de Bueu canto antes.
A
campaña consiste en que cada alumno/a traia un metro de cable (serve
calquera tipo de cable, novo, vello, liso ou engurrado) e o deposite
na caixa que para o efecto atopara no seu centro.
Grazas
anticipadas pola vosa colaboración
Nos enlaces de embaixo podedes ampliar a información sobre este tema:
Nos enlaces de embaixo podedes ampliar a información sobre este tema:
Escrito da ANPA á prensa
Publicación Faro de Vigo 21/01/2017
Publicación Faro de Vigo 24/01/2017 coa resposta da Xunta
2º escrito da ANPA á prensa
Publicación Faro de Vigo 04/02/2017
Nota informativa da ANPA para as familia
La voz de Galicia (07/02/2017) Educación admite a mala conectividade dos centros pero di que non é competencia súa