martes, 20 de decembro de 2016

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

O mércores 21 de decembro, coma en anos anteriores, vai desenvolverse a carreira solidaria Save The Children, organizada polos IES Johán Carballeira e Illa de Ons, coa colaboración das súas respectivas ANPA.
Con tal motivo solicitamos a axuda dos pais e nais que poidan botar unha man entre ás 8:50 e as 11:00 h. aproximadamente, ou, dentro dese horario, o tempo do que dispoñades.
A carreira faise para recadar fondos destinados á ONG Save The Children. Pinchade no enlace de abaixo se queredes saber máis sobre a organización.
Grazas anticipadas e boas festas.

SAVE THE CHILDREN