venres, 10 de xuño de 2016

CONVOCATORIA ASEMBLEA FIN DE CURSO

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE FINAL DE CURSO

Calquera pai/nai/titor legal dun alumno/a do centro, poderá realizar peticións nas asembleas, expoñer calquera queixa, suxestión, etc. En calquera caso, os non asociados asistirán a asemblea con voz pero sen voto.

Data: martes día 14 de xuño.
Hora: 20:30 h en primeira convocatoria ou 21:00 h en segunda convocatoria (de non haber suficientes asistentes na primeira).
Lugar: salón de actos do IES Johán Carballeira.

ORDE DO DÍA:

1º Lectura e aprobación, se procede, da acta da convocatoria anterior.
2º Exposición e aprobación, se procede, das contas do curso 2015/2016.
3º Informe de actuacións en relación ás problemáticas de convivencia detectadas durante o curso.
4º Proposta de organización do Banco de libros para o vindeiro curso.
5º Rolda de intervencións.

Animámosvos a participar e agradecemos de antemán a vosa colaboración para difundir e sta convocatoria entre os vosos coñecidos.

Bueu, 9 de xuño de 2016
A Xunta Directiva