venres, 10 de xuño de 2016

BANCO DE LIBROS CURSO 2016-2017

A ANPA PON EN MARCHA O BANCO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO

O alumnado que aprobou en xuño e que non tivo a axuda da Xunta para a adquisición dos libros, deberá devolvelos ao BANCO DE LIBROS DA ANPA o xoves 23 de xuño, de 9 a 13 horas, no instituto.
Ese mesmo día poderedes cubrir a ficha de alta no Banco do curso 2016-17 ou consultar cos/as voluntarios/as da ANPA as dúbidas que vos xurdan. 

Deixámosvos o enlace á FICHA DE ALTA NO BANCO DE LIBROS, tamén dispoñible en pdf no voso mail (se non vos chegou enviae un mail ao correo da ANPA).