martes, 15 de outubro de 2013

Reunión co Alcalde de Bueu

Onte, 14 de outubro,  tivemos unha reunión co Alcalde, Félix Juncal, á que asistimos representantes da ANPA "San Martiño" e de "A Pedra". O tema da reunión era referente ao Banco de Libros. Por unha banda a nosa ANPA lle pediu ao Alcalde colaboración económica do Concello, xa que o gasto foi maior ó previsto, e por outro lado puxemos sobre a mesa a posibilidade de facer un Banco de Libros Municipal, xestionado polas ANPAS, por medio da súa Federación e con algún tipo de axuda económica do Concello.
A resposta se fará esperar, pero non houbo unha negativa rotunda: será un tema a estudar por parte do Concello e a tratar e pechar no próximo Consello Escolar Municipal, que aínda non ten data, pero que se agarda sexa este mes ou o que ven. Vos manteremos informados!!
Para a nosa ANPA é primordial que se dote dende o Concello dalgunha axuda, xa que as nosas contas quedaron bastante deterioradas despois da inversión no Banco de Libros e son varios os proxectos que nos gustaría poñer en marcha no Centro. As sensacións tras a reunión son boas, pensamos que a resposta pode ser positiva.
Saúdos!!