venres, 18 de outubro de 2013

Consello Escolar (17/10/2013)

Reunidos no IES Johán Carballeira Equipo Directivo, profesores, pais e nais, alumnos, representante do Concello e representante do comercio do pobo, tratamos os asuntos da orde do día.

Información sobre o comezo do curso: Se nos informa que son poucos os cambios con respecto ao curso pasado, hai un grupo mais de PDC no Centro e o número de profesorado é o mesmo. Con respecto ao número de alumnos, se mantén o de outros anos. A diferenza con respecto ao curso pasado mais salientable foi que desapareceu o PCPI de Fabricación Metálica. Nos informaron tamén que hai solicitados programas-contrato polo plan PROA que se levarán a cabo con profesorado alleo ao Centro a partires de xaneiro.

Aprobación de actividades comprementarias e extraescolares: Se aproban as actividades presentadas polo Centro. Algunhas están pendentes de data, cando posuamos toda a información a colgaremos neste mesmo blog. Algunhas parecen moi interesantes.

Aprobación do día de libre disposición: Se aproba no Consello que este día sea o 2 de maio.

Modificación do uso do móbil:

Se achega ao Consello Escolar por parte dos profesores e do Equipo Directivo o debate para aprobación da prohibición de que os alumnos e alumnas da ESO poidan xa non usar, senon levar o móbil ao Instituto. Por votación se acepta a petición, coa abstención dos pais. Pronto seredes informados desta nova medida, que busca evitar que no Centro se produzan grabacións que poidan resultar delictivas. Vos animamos a apoiar a medida dende as casas. Para os rapaces que usan o transporte escolar, dicirvos que non tendes de que preocuparos, o Centro permanece aberto ata ás 14:45 h. así que no caso de que perdan o autobús, poden chamar á casa dende o Centro, así como usar o teléfono para calquera eventualidade que lles poida ocorrer. Vós, os pais e nais, tamén podedes chamar ao Centro se vos tendes que poñer en contacto cos nenos/as. Entendemos que esta medida é positiva en canto a prevención de condutas que, unha vez comezan, son moi difíciles ou imposibles de borrar. A nosa abstención veu provocada por considerar que poden existir casos especiais e non ofrecerse dende o Centro solucións para estas excepcionalidades. Nestes casos, ide polo Centro a falar co titor/a do voso fillo/a e explicade a vosa situación. De seguro que podedes chegar a algunha solución.

Rogos e preguntas: 

  • Tema dos baños: 

Son os representantes de alumnos os que traen ó Consello Escolar a problemática dos cuartos de baño do instituto. Contan que chegada a hora do recreo, ir ó baño faise demasiado incómodo, xa que está demasiado sucio. As persoas encargadas da limpeza do Centro chegan unha vez rematan as clases e non hai un bo uso das instalacións po parte de todos os alumnos/as, sendo isto de moi difícil control por parte do profesorado. Quizais sexa un tema que podemos levar ao Consello Escolar Municipal, para saber se dende o Concello pode ser posible que unha persoa se encargue de manter as instalacións limpas durante as horas de clase.
  • Conflitividade no Centro:
 Os profesores e o Equipo Directivo recoñecen que estamos a pasar unha situación un tanto complicada. Levamos ao Consello Escolar o sentir que vós, os pais e nais do alumnado do Centro, nos fixestes chegar nas distintas reunións que mantivemos. O protocolo que debemos seguir en caso de conflito dun dos nosos fillos con outro compañeiro é o seguinte:



O que debemos esperar do Centro é que protexa ó menor e que observe se esa conduta se repite. De ser así, debe activar o regulamento que está publicado na páxina web do Centro. De tódolos xeitos consultaremos ese regulamento e nuns días e neste mesmo blog vos presentaremos o protocolo ó completo. O que dende o equipo directivo nos repetiron unha e outra vez foi que temos que achegar a problemática ó Centro e que confiemos en que se activarán correctamente os protocolos.
  • Conflitividade específica nun curso da ESO: 
O Centro encargou a elaboración dun protocolo de actuación ao Departamento de Orientación. Hoxe tiveron unha reunión todo o profesorado de este curso xunto co Orientador e co Equipo Directivo para unha posta en común deste protocolo. Confirmaron que nun prazo breve se volverán a reunir o Equipo Directivo, titora e o Orientador coa comisión de pais e nais de alumnos de 2º A, para explicarlles o protocolo que se puxo en marcha e facer o seguemento da clase.

Podo dicirvos que en temas de conflitividade, aínda que houbo momentos tensos, estamos todos de acordo, pais e profesores. Son temas que precisan de paciencia e dun seguemento, pero penso que debemos confiar en que os obxectivos de pais, nais, titores, orientación e equipo directivo son os mesmos e que é mais fácil que entre todos academos unha solución satisfactoria que enfrontándonos uns aos outros. 
  • Sobre as fichas para o repaso de materias pendentes:
Nos informaron que os alumnos/as que queiran estes materiais para preparar as asignaturas pendentes doutros anos o que deben facer é o seguinte: solicitalas directamente a cada profesor que teñan asignado ou pedirlle ó seu titor/a que se encargue de conseguirlles os materiais que precisen. 
  • Sobre temas de profesorado:
Dende o Centro nos pediron que antes de poñer en marcha o proceso de inspección para algún dos profesores do Centro o que debemos facer é formar unha comisión de pais para que falen antes cos profesores implicados e cunha representación do Equipo Directivo e/ou o Orientador. Vos convocaremos para outra reunión para formar as Comisións e pedir as citas. Os profesores poden negarse a falar coa comisión de pais/nais, neste caso seguiremos directamente co procedemento. 
Sobre a posibilidade de que o Centro nos aporte informes de idoneidade dos exames ou da forma de avaliación, nos dixeron que non é posible. Para conseguir unha inspección dun exame, o que temos que facer é solicitar a revisión do exame do noso fillo/a ao Departamento, non solo de calificación, senon tamén de idoneidade e, se non estamos de acordo co informe, solicitar a revisión á Inspección. 
Sobre facilitarnos datos estadísticos, tampouco. Na reunión falaremos mais polo miúdo deste tema.
  • Tema LOMCE:
Foron os alumnos os que trouxeron o tema ao Consello Escolar. Teñen previsto, na próxima reunión cos delegados, formar una Asemblea para falar do tema da nova lei de educación con todos os alumnos/as do Centro. Nos parece unha boísima idea, xa que son eles os que teñen que saber en que consiste esta nova lei e decidir por eles mesmos se lles gusta ou non. Dende a ANPA apoiamos este tipo de iniciativas, que fomentan o pensamento crítico dos rapaces/as e lles fan entender a importancia que unha lei pode ter no seu futuro.
Dicirvos que, referente á folga, o día é o xoves. Non é certo que sea martes, mércores e xoves, así o confirmaron os profesores no Consello Escolar, ante o bulo que anda a correr polos pasillos. É preferible que vaiamos moitos á folga un día que repartir a incidencia en varios días.
  • Os delegados e as chaves das aulas
Non preguntamos ao respecto no Consello Escolar, se fixo demasiado tarde para entrar nun novo tema. Pero o que si fixemos foi dicirllo aos representantes de alumnos, para que na vindeira reunión que teñan cos delegados expoñan a problemática e decidan se queren levar algunha petición ao Consello Escolar.

Conclusións:
Como vedes, foi un Consello Escolar longo e de temática moi variada. Sinto non ter resposta para algunha das cuestións que xorderon na reunión, pero certamente non dou tempo. As sensacións foron boas e tanto os profesores coma o Equipo Directivo amosaron unha grande disposición para atallar os temas de conflitividade do Centro. Na vindeira reunión falaremos de todo esto mais polo miúdo.

Saúdos!!