xoves, 5 de novembro de 2015

MAGOSTO DAS ANPAS 2015


MAGOSTO DAS ANPAS 2015
sábado 7 de novembro ás 17:00 h.
na carpa instalada no aparcamento das Lagoas
A Federación das ANPA de Bueu organiza outro ano máis o seu tradicional MAGOSTO con reparto gratuíto de castañas asadas. Este ano a xornada festiva animarase con XOGOS POPULARES grazas á colaboración do Club Corredoiras.
Para que a festa teña éxito e os nosos rapaces e rapazas poidan gozar dela, necesitamos a colaboración de tódolos pais e nais que poidan, por unha banda para o Magosto (escarapar castañas, facer cucuruchos, asar, despachar, etc.) e por outra para os Xogos Populares (temos uns vinte xogos, e a idea é que haxa un pai/nai para explicar e vixiar cada un deles).
Por favor, comunicade a ANPA do voso colexio se queredes colaborar, para saber con canta xente contamos. Os pais e nais que vos anotedes tendes que estar na carpa ás 16:00 h.
Para calquera consulta podedes escribir ao correo federaciondeanpasdebueu@gmail.com ou contactar coa vosa ANPA. Iremos ampliando a información na web
federaciondeanpasdebueu.wordpress.com
¡ANIMÁDEVOS!
Organiza a Federación das ANPA de Bueu constituída por: ANPA do CEIP A Pedra, ANPA do colexio Virxe Milagrosa, ANPA do CEIP A Torre de Cela, ANPA Cabo Udra do CEIP Montemogos de Beluso, ANPA do IES Illa de Ons, ANPA San Martiño do IES J. Carballeira e ANPA Pichirilo da Escola Infantl A galiña azul.
Colaboran o Concello de Bueu e o Club Corredoiras.