BANCO DE LIBROS
CURSO
2013/2014
Estimadas familias, este ano votamos a
andar o noso Banco de Libros. O proxecto consiste en facer a compra ou
empréstito de libros de texto dunha forma solidaria entre todos os
participantes para, deste xeito, acadar o máximo nivel de aforro posíbel.
Herdamos a idea da ANPA do CEIP A Pedra
e parécenos unha boa oportunidade para fomentar a responsabilidade e a
cooperación.
Neste primeiro ano decidimos levar a
cabo o proxecto para o alumnado da ESO, pero non descartamos para próximos
cursos ampliar a idea para o bacharelato e/ou os ciclos que se imparten no noso
instituto.
Aínda non puidemos determinar a cota
anual porque dependerá de cantos sexamos e das necesidades de gasto que haxa,
pero pensamos que non debería exceder os 100 € polo lote completo de libros de
texto.
Poderedes consultar as bases de
funcionamento do banco no taboleiro da ANPA ou descargalo directamente no seguinte enlace:
Bases de Funcionamento do Banco de Libros
Bases de Funcionamento do Banco de Libros